Momentos en cor

Diario de Ferrol. Cabo Prior por Xaime Bello

Sostén o Nobel colombiano García Márquez que “a vida non é a que un viviu, senón a que un recorda e como a recorda para contala”. Con todo, ás veces, para lembrar con exactitude momentos ou lugares especiais, recorremos á axuda de aparellos tecnolóxicos (cámara fotográfica ou móbil por exemplo). Iso para a grande maioría. Porque no caso de estar dotados de talento artístico, pictórico como tal, resólvese a situación tirando de recursos propios. Isto é o que lle acontece a Maribel Garrote, cuxas aptitudes innatas foron moldeadas por dous mestres da pintura: Segura Torrella e González Collado. E o resultado está á vista no Torrente Ballester até o día 22. Dos pinceis da pintora van aparecendo relaxantes e envolventes formas. Eses momentos inesquecíbeis plasmados en paisaxes, currunchos, lembranzas familiares, mares de auga pero tamén de oliveiras, romarías, obxectos…Ou sexa, momentos con cor para compartir. Non os perdan!

Más noticias

Navidad 2025

Navidad 2025

7 de enero de 2026
IMG-20250730-WA0000
La Voz de Galicia

Equiocio Ferrol 2025

30 de julio de 2025
Diario de Ferrol en Instagram

🐴 Equiocio Ferrol coloca la montura de su 34ª edición reuniendo a su gran familia 🐴

25 de julio de 2025