Melodías, tinta e cor

Do 27 de xuño ao 31 de agosto de 2025

Ateneo Ferrolán

O Ateneo Ferrolán acolle “Melodías, tinta e cor”, unha xornada de fusión artística e creativa

O vindeiro 27 de xuño de 2025, o Ateneo Ferrolán será escenario dunha intensa e vibrante tarde de música, literatura e artes plásticas coa celebración do evento «Melodías, tinta e cor», unha proposta cultural que conxuga talento local e creación multidisciplinar coa participación de máis dunha vintena de progagonistas.

Entre os artistas plásticos participantes figuran nomes como Xosé Fernández Fernández, Saila Chao, Manuel Carballeira, Patricia Maquieira Franco, Laura Cartamil, Maricarmen Sendón, Manuel J. Díaz Vázquez, Clara Ventura, Maribel Garrote, Sol Lamas, Katy Martín, Carmen Castro e Pachi Ros.

«Melodías, tinta e cor» promete ser unha cita imperdible para amantes da cultura, a creación e o encontro artístico en todas as súas formas.