Ateneo Ferrolán
Palabras de Antonio Orozco González (Doutor en Químicas e Pintor):
Coñecín a Maribel a mediados da década dos noventa do pasado século (¡hai que ver como pasa o tempo!) no estudio de D. Ricardo Segura Torrella, alí asistimos ás derradeiras leccións de debuxo e pintura ó óleo do noso benquerido mestre- as imaxes es os recordos dese estudio aínda hoxe persisten na memoria dos seus discípulos – e alí xuntámonos un grupo de persoas apaixonadas da pintura á acuarela, nese estudio tamén coñeceríamos a quen nos ía descubrir os arcanos desta técnica pictórica, que tivo a amabilidade de acollernos como discípulos, o pintor González Collado.
Cando falamos de Segura Torrella e de González Collado estamos a falar de dous mestres e así como hai libros que falan doutros libros e cadros que falan doutros cadros, estas acuarelas falan dos mestres Segura Torrella e González Collado, pero a pintora ten a valentía de falar con voz propia seguindo un sabio e reiterado consello de González Collado: «O artista debe tratar de ser el mesmo».